Crise de abril de 1917 en Rusia

Fiódor Linde dirixe ós soldados do rexemento Finlandski cara a sede do Goberno provisional o 4 de maioxul./ 17 de maio de 1917greg..

A crise de abril de 1917 en Rusia foi o primeiro conflito grave entre o Goberno provisional ruso e o Soviet de Petrogrado tras a creación de ambos durante a Revolución de Febreiro.[1] Xurdida polo desacordo entre os obxectivos de paz condicional dos dirixentes da maioría no Soviet e a postura a favor da continuación da participación rusa na guerra mantendo os obxectivos do anterior réxime tsarista, levou á dimisión do ministro de Exteriores, Pavel Miliukov e á formación do primeiro gabinete de coalición entre liberais e socialistas moderados, que se mantivo con grandes tensións até a Revolución de Outubro cando os bolxeviques derrocaron ao Goberno.

  1. Tsereteli 1955a, p. 93

Developed by StudentB